fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 15 Abril 2021 18:04

23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro

23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autoría. Desde 1988, é unha celebración internacional promovida pola UNESCO. O Concello de Soutomaior quere conmemorar esta gran data promovendo unha iniciativa para este 2021 de "ANIMACIÓN Á LECTURA NA RÚA".
Durante a fin de semana do 23 a 25 de abril varias persoaxes de contos e comics chegarán as nosas prazas para contarnos as súas historietas dun xeito moi divertido e lúdico.
 
As primeiras persoaxes que visitarán o noso Concello serán Mortadelo e Filemón que estarán en Talo Río o venres 23 de abril ás 17 h.
 
O sábado 24 de abril Marcopola, a illa remeira, faranos dúas visitas, unha ás 17 h no Peirao de Arcade e outra ás 18 h na Alameda de Talo Río para compartir con nós moitas das súas aventuras e experiencias.
 
E para finalizar o domingo 25 de abril a gran Superpataca contaranos os seus trucos e aventuras, ás 12.30 h na Alameda de Talo Río e ás 17 h no Campo de San Benito de Romariz de Soutomaior.
 
As persoaxes estarán toda a fin de semana polo noso Concello e en diferentes lugares para que poidades asistir respectando as limitacións e restriccións actuais de aforos. En todas as animacións haberá control de acceso para acomodarvos na vosa cadeira e que poidades disfrutar do espectáculo con seguridade e comodidade. Animádevos a escoitar todas estas aventuras!!!

Publicado en Cultura
Visto 581 veces