O 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía e o Concello de Soutomaior súmase a esta celebración coa iniciativa VOCES DE ROSALÍA seleccionando algunhas das voces que poñen música ao seu sentir. Músicas que emocionan ao ser escoitadas do mesmo xeito que o facemos cando lemos a súa poesía.
Seleccionamos diferentes estilos musicais, pero todos cun mesmo fin: poñerlle voz a Rosalía.
Desde o sábado 20 ata o domingo 28 de febreiro subiremos un poema musicado A FACEBOOK para que que a escoitemos e a sintamos sempre con nós.
Na Biblioteca Municipal Luís Seoane tamén poderedes atopar moitas referencias bibliográficas sobre Rosalía e tamén CD para escoitar a súa obra.
Agardamos que vos guste! Sempre Rosalía.