fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 23 Outubro 2020 10:37

Teatro Fonte da Tella “Onte” e Concerto infantil "María e Jorge"

Teatro Fonte da Tella  “Onte” e Concerto infantil "María e Jorge"

Teatro Fonte da Tella  “Onte”

Sábado 24 de Outubro ás 20,30 horas – Casa do Pobo do Val-Sobral

A Agrupación teatral de Soutomaior Fonte da Tella estrea a obra “ Onte” que é unha adaptación da obra de Jorge Díaz “Ayer, sin ir más lejos”

Jorge Díaz Gutiérrez (Rosario, 20 de febreiro de 1930 - Santiago, 13 de marzo de 2007) foi un dramaturgo chileno. Naceu en Arxentina de pais españois; viviu en Chile desde os tres ata os 35 anos; a partir de 1965, residiu en España; regresou a Chile en 1993 para recibir o premio internacional de teatro e permaneceu neste último país ata a súa morte. Autor de máis dun centenar de obras, entre as máis difundidas están O cepillo de dentes e O veleiro na botella.

O aforo está limitado polas autoridades sanitarias e para asistir débese de reservar praza no teléfono 616 26 25 47. É obrigatorio o uso de máscara. Organiza a Agrupación Cultural Fonte dá Tella coa colaboración de A. VV.8 de decembro e o patrocinio do Concello de Soutomaior

 

Concierto infantil – María e Jorge

Domingo 25 de outubro ás 18,30 horas – Multiusos de Arcade

Concerto infantil e familiar do dúo formado por María Faltri (voz) e Jorge Juncal (guitarra).

 Outono é diversión é un espectáculo musical para público infantil e familiar de María Faltri e Jorge Juncal. Despois do seu traballo Fantasía coas palabras, un libro disco editado pola editorial Galaxia, achegan á escena este novo formato. Unha morea de cancións para aprender pero tamén para divertirse e propoñer ás familias a posibilidade de divertirse do mellor xeito posible, soñando despertos.
Duración: 50 min
Elenco: María Faltri e Jorge Juncal
Público: infantil e familiar (a partir de 3 anos).

O aforo está limitado polas autoridades sanitarias al 50%.   É obrigatorio o uso de máscara.

 


 


Publicado en Cultura
Visto 645 veces