fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Febreiro 2016 13:13

Club de Lectura Infantil

Club de Lectura Infantil

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR ORGANIZA UN NOVO CLUB DE LECTURA INFANTIL

A actividade é totalmente gratuíta e está dirixida a nenos de 6 a 9 anos.

Os clubs de lectura infantil volven a Soutomaior de man da biblioteca municipal Luís Seoane en Arcade.

Trátase dunha iniciativa educativa, totalmente gratuíta que pretende espertar o amor polos libros e a lectura entre os máis pequenos.

Os clubs de lectura infantil son un lugar de encontro quincenal para nenos e nenas da mesma idade, xa sexan lectores ou prelectores, baixo a supervisión da especialista en educación infantil, Conchi Tirado.

Mediante diversas actividades como a pintura, o xogo e a música os pequenos aprenden gozando en compañía dos seus amigos.

Os membros do club de reúnen os mércores de semanas alternas e para este mes o libro seleccionado é “O oso que non o era”, de Frank Tashiln.

Un clásico da literatura infantil que nos presenta unha fermosa defensa dos débiles, que axudará aos nenos para involucrarse cun mundo máis armonioso, onde non exista a discriminación.

A inscrición poderá realizarse a partir de mañá, 5 de febreiro, ata completar as 10 prazas dispoñibles.


Publicado en Club de Lectura
Visto 1732 veces