O Capitán Garfo - Cociñando música
Sábado 3 de outubro ás 18,30 h. – Casa da Cultura de Soutomaior
Pop electrónico con vontade didáctica no ámbito da alimentación! Cociñando música é un concerto de pop electrónico onde un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que a rapazada aprende de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer unha mesa ou a facerse amigas e amigos das verduras e ensaladas.
Duración: 50 minutos - Público: Público Infantil - Tipo espectáculo: Familiar
Os forzu 2 – Un espectáculo moi forte
Domingo 4 de outubro ás 18,30 h. – Multiusos de Arcade
O humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama deste espectáculo dun dúo de atletas, cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo crúzanse coa impecable técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, Circo Chosco realizan os seus impresionantes números agochándose baixo a apariencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.
Duración: 50 minutos - Público: Todos os públicos - Tipo espectáculo: Circo
Debido ao mal tempo previsto estes espectáculos cambiaron de lugar de representación
Cumpriranse todas as medidas contra o COVID 19