Sábado 26 de setembro ás 21,00 h – Multiusos de Arcade
A Coral Polifónica de Soutomaior naceu nos anos 70 como un coro parroquial. Hoxe conta con vinte membros procedentes, principalmente, do propio concello.
A idea é afastarse un pouco do repertorio tradicional das corais e atraer á xente nova con cancións máis modernas, explica o director da coral, Javier Comesaña, que engade que "son pezas dos anos 70, 80 e 90, de pop lixeiro moi agradable de escoitar.
Son cancións que gustan aos mozos porque as coñecen e sorpréndelles que un grupo coral interpréteas.
Os motivos que impulsaron a inclusión destes temas no repertorio da coral é a idade media dos participantes, moi por baixo da habitual nesta clase de agrupación.
Limitación de aforo según medidas contra Covid-19