fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 27 Agosto 2020 13:38

Oscar Ibáñez & Tribo en concerto

Oscar Ibáñez & Tribo en concerto

Sábado 29 de agosto ás 22,00 h. – Alameda Talo Río

“DA TERRA” é o espectáculo do gaiteiro e frautista pontevedrés OSCAR  IBÁÑEZ no que percorre os temas máis destacados dos seus traballos  “ALÉN DO MAR” e “AIRES DE PONTEVEDRA”* (Inquedanzas   Sonoras, 2017) ao tempo que revisa outras melodías tradicionais  enriquecéndoas con arranxos frescos e cos timbres da súa banda de directo *OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO*, co fin de contribuír á actualización e universalización da nosa música patrimonial, respectando ao tempo a súa esencia.

 En definitiva, unha espectacular e enérxica viaxe sonora  a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación  e creatividade nunha mestizaxe musical innovadora na que predomina a sonoridade celta.

"OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO" está formada por excelentes músicos de longa e  recoñecida traxectoria que formaron parte das bandas dos artistas máis  destacados da música folk galega como *Fernando Fraga* (Carlos Núñez),  acordeón; *Harry.c *(Milladoiro), violín; *Carlos Calviño *(Roi  Casal), guitarra; *Paco Dicenta *(Mercedes Peón); baixo e *Andrés

 Vilán *(Pepe Vaamonde Grupo), batería e percusión. Neste espectáculo

 súmanse 6 músicos  convidados: Pepe Romero e Jorge Maño (Banda de Gaitas Suevia), gaitas;

 Daniel García, Álvaro Rúa e Rocío Fernández (Banda de Gaitas Nova  Era), gaitas; Carla Villanueva, xilófono.

 "OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO" realizou máis de 200 concertos por toda a  Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais   internacionais máis importantes do mundo.

O concerto conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través  do programa Musigal.


 


Publicado en Cultura
Visto 802 veces