fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 05 Agosto 2020 13:18

Os romeiros do caracol

Os romeiros do caracol

Venres 7 de agosto ás 21,30 h – Campo de San Benito – Romariz (Soutomaior)

Monicreques e música | Público infantil e familiar (+3) | 50 min

 Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés. O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Manteranse os requisitos de aforo e distancia social marcados nos protocolos contra o Covid 19


Publicado en Cultura
Visto 758 veces