fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Xullo 2020 09:28

Xingro´s Big Band en concerto.

Xingro´s Big Band en concerto.

Sábado 25 de Xullo ás 22,30 horas – Alameda Talo Río

Xingro´ s Big Band nace da amizade de dous mozos, José Pérez – “ Mr. Xingro” e Miguel A. Rodríguez – Mike “ Trompy”, os cales se coñeceron grazas ao seu gusto pola trompeta e pola Música Swing.

Despois de 25 anos ampliando os seus coñecementos, participando en todo tipo de formacións e estilos, desde o clásico ata os máis modernos… como son o Blues, Rock Clásico, Rock & Roll, Rhythm & Blues, Soul, Funk, Swing & Latin-Jazz e un longo etc… Volveron a unir os seus camiños no ano 2015 para iniciar esta singradura, unindo a inquietude pedagóxica do seu Director – José Pérez, xunto coas ganas e o gusto de ambos desde os seus inicios coa trompeta polas grandes Big Band americanas.

Xingro´ s Big Band é unha formación cun claro obxectivo, ofrecer algo pouco habitual en Galicia, como é o música Swing en directo e en amplo formato para facer gozar co seu directo a todo o público. De aí a nado este proxecto, co obxectivo de tocar e ofrecer Jazz, pero cun abanico máis amplo, o mundo da música moderna desde os comezos do Século XX…sendo o Swing o Alicerce fundamental desta formación, pero non o único estilo.

Xingro´ s Big Band está integrada por membros de idades moi dispares, mozas con excelente talento, como a nosa paisana Raquel Reyes, guiados e aleccionados polo seu auténtico gurú e director José Pérez quen puxo nome e selo a este banda bautizada así por unha antiga “xerga” falada en Ourense, coñecida como “ Barallete” e segundo a cal os músicos son chamados “ Xingros”… de aí o nome da Banda.


Publicado en Cultura
Visto 937 veces