fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 10 Xullo 2020 09:34

“Soutonight” A Pequena Gran Compañía en concerto

“Soutonight” A Pequena Gran Compañía en concerto

Dentro da programación do verán do Concello Soutomaior ponse en marcha “ Soutonight” onde se programarán concertos en pequeño formato a cargos de distintos grupos musicais nas noites de verán.

O primeiro será este sábado  día 11 na Alameda de Talo Río en Arcade a partir das 22,30 horas a cargo da Pequena gran compañía.

Sergio Ariel e Amor Herrera son os integrantes da Pequena Gran Compañía.

Este dúo xorde no 2010 e destácase por unha coidada e minuciosa posta en escena, onde van desenvolvendo un repertorio aberto e accesible a todos os públicos.

Nas súas actuacións, incorporan un toque de humor, que fan que os seus concertos sexan máis próximos, interactivos e divertidos.

Manteranse os requisitos de aforo e distancia social marcados nos protocolos contra o COVD 19


Publicado en Cultura
Visto 806 veces