fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 27 Xaneiro 2020 09:32

Desfile Municipal de Comparsas de Entroido en Arcade

Desfile Municipal de Comparsas de Entroido en Arcade

O Concello de Soutomaior abre este luns 27 de xaneiro ás 09.30 h o prazo de inscrición de Comparsas que queiran participar no DESFILE MUNICIPAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO 2020. O prazo de inscrición pecharase o mércores 19 de febreiro ás 14 h. 

O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 1 de marzo de 2020 ás 17.00 horas. O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón. As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de dar comezo o desfile. A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As demais comparsas, desfilarán por orde de chegada.O itinerario do desfile comezará na Rúa Calvario, Avda. Xosé Solla e Rúa Rosalía de Castro. Na Alameda Talo Río, haberá unha festa de entroido coa actuación do grupo musical TRIO 3.COM que amenizará a festa final ata aproximadamente ás 22 h.

A inscrición presentarase a través da Sede Electrónica do Concello de Soutomaior https://soutomaior.sedelectronica.es/info.0
 
Documentación a entregar:
  • Ficha de inscrición (anexo I)
  • Certificado do/a secretario/a da asociación no que constará o número de expediente da inscrición no rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia conforme teñen recoñecido pola Axencia Tributaria a exención do pago do IVE (anexo II).
  • Fotocopia do CIF da Asociación.
  • Certificado de conta bancaria da Asociación.
No momento de formalizar a inscrición, indicaranse os datos requiridos na ficha de solicitude. 
Todos estes datos serán obrigatorios en caso de que non se cumprimente correctamente, a comparsa poderá quedar excluída do desfile.
Para calquera dúbida ou aclaración poden enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar a Oficinas Xerais do Concello 986 705 106/14
 
Os premios pola participación no desfile son os seguintes:
A) Para as comparsas que non leven nin carroza nin música: - De 30 a 40 membros: 100€ - Máis de 40 membros: 150€
B) Para as comparsas que leven carroza e música: - De 30 a 40 membros: 300€ - Máis de 40 membros: 400 € 
 
As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación, aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. Poderanse excluír como beneficiarias das axudas reguladas nestas bases todas aquelas que non cumpran as condicións esixidas.
O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 e deberán solicitar a súa participación a través de inscrición no rexistro xeral do Concello .
Cubertas as 15 prazas, a organización pode decidir si amplía ou non o número de comparsas ata un máximo de 20. 
Si algunha das comparsas inscritas e confirmadas non comparece, sen causa xustificada, o día do desfile queda penalizada durante 3 anos, a non participar.
 
As bases e o modelo de inscrición poderán descargarse na web www.soutomaior.gal

Publicado en Cultura
Visto 839 veces