fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 27 Decembro 2019 12:22

Banda de Música Artística de Arcade – Concerto de Nadal

Banda de Música Artística de Arcade – Concerto de Nadal

Domingo 29 ás 12,30 h. – Multiusos de Arcade

Levan 150 anos acompañando algúns dos momentos máis importantes da historia de Arcade e pódese dicir que puxeron o ritmo á maioría das datas craves desta localidade. Creada en 1868 polo empeño dun grupo de amigos, a Agrupación Musical Artística de Arcade non deixou de tocar desde entón. A diferenza doutras bandas que interromperon a súa actividade durante a Guerra Civil, esta agrupación sempre estivo activa. O seu século e medio de vida convértelles nos máis veteranos detodo o sur da provincia de Pontevedra.

O vindeiro domingo a partir das 12,30 h. no Multiusos de Arcade celebrará o seu tradicional Concerto de Nadal que será a súa última actuación do ano 2019 despois do Concerto de Santa Icía.  e do da Escola de música da Asociación Musical Artística de Arcade


Publicado en Cultura
Visto 1174 veces