fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 26 Decembro 2019 14:04

Teatro infantil – Baobab Teatro “Fios”

Teatro infantil – Baobab Teatro “Fios”

Domingo 29 ás 18,00 h. – Multiusos de Arcade

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda. Cosendo descubrirá personaxes que colgan de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

En Fíos os personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así, coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que só se quere namorar; Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito que descubrirá que quere ser de maior.

Recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos, apto tamén para os maiores que queiran soñar como nenos.

Duración: 45 min.


Publicado en Cultura
Visto 976 veces