fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 03 Decembro 2019 19:41

Especial Noite de Reis!

Especial Noite de Reis!

O Concello de Soutomaior da a coñecer o programa para o domingo 5 de xaneiro, Especial Noite de Reis.

Na mañá do domingo 5 de xaneiro ás 12.00 h  as súas Maxestades chegarán á Casa do Concello para recibir a todas as familias.

Xa, pola tarde, ás 17 h as súas maxestades desfilarán desde a rúa do Calvario ata a Alameda Talo Río en Arcade, acompañados por unha Comitiva Real da que ti tamén poderás formar parte.

Ademais, de participar como espectador/a do desfile este ano haberá a posibilidade de formar parte da Comitiva Real pois haberá un TREN que tamén acompañará durante o desfile. As prazas serán limitadas e polo tanto, para participar no sorteo de prazas terás que anotarte previamente EN LIÑA.

Haberá varias opcións:

Opción 1: Desexo acompañar ós Reis Magos durante o pasarrúas. 

Opción 2: Desexo pasear en tren polos arredores de Talo Río cando xa estén na Alameda. 

Opción 3: Desexo acompañar ós Reis Magos e se quedan prazas pasear en tren por arredores de Talo Río.

 

Si escolles a opción "Desexo acompañar aos Reis Magos durante o pasarrúas" debes ter entre 5 e 11 anos e así poderás ir montado/a neste Tren que desfilará desde a rúa Calvario ata a Alameda Talo Río.  O sorteo de prazas farase en directo o 21 de decembro no Multiusos, cando remate a entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal.

Si escolles a opción “Desexo pasear en tren polos arredores de Talo Río cando xa estén na Alameda” poderás gozar dun pequeno paseo en tren para todas as idades. Neste caso, poderás inscribirte previamente ou senón directamente alí se hai prazas. A orde a seguir será a de inscrición. 

Se escolles a opción “Desexo acompañar ós Reis Magos e se quedan prazas pasear en tren por arredores de Talo Río” participarás no sorteo e a maiores terás a opción de facer o paso desde Talo Río (si resultaches gañador dunha praza no sorteo entón soamente poderás repetir si sobran prazas).

 

Durante o desfile a Comitiva Real tamén irá acompañada dun espectáculo itinerante a cargo da compañía TROULA ambientada do mundo do circo composta por pallasos e pallasas, música, zancudos, etc. Non te perdas a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar ó Concello de Soutomaior na que haberá moitas que este ano chegan a Soutomaior cargados de ilusión e cunha morea de sorpresas.

 

As inscricións para participar no desfile e no paseo en tren faranse ata o 16 de decembro: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Reis-Magos-en-Tren.jpg


Paseo en Tren cos Reis Magos
Inscrición en LIÑA ata: 16 Dec 2019


Publicado en Cultura
Visto 1746 veces