fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 12 Novembro 2019 15:43

Concerto do dúo Oradaladou en Soutomaior

Concerto do dúo Oradaladou en Soutomaior

Este domingo 17 de novembro ás 18.00 h no Auditorio do Multiusos, en Arcade,   o dúo Oradaladou conformado por  Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz) dará este acto musical que ten como finalidade fundamental homenaxear ao etnógrafo natural de Cotobade, Antón Fraguas, ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Durante a actuación de Oradaladou serán interpretadas as 13 pezas que compoñen o seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das cantigas recollidas por Antón Fraguas. Á súa vez, estes temas levan o título das 13 parroquias que compuñan o antigo concello de Cotobade. O concerto, que posúe un alto compoñente didáctico, está incluído dentro dun programa de actuacións encargadas de espallar e dar a coñecer a figura de Antón Fraguas a través da música organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior.

 


Publicado en Cultura
Visto 359 veces