Domingo día 28 ás 21,30 horas. – Alameda Talo Río
Para finalizar esta semana musical o grupo Avento Producións chega ao escenario para presentar o seu musical “ Hansel e Gretel”. É un espectáculo musical dirixido a público familiar.
Tomando como base o conto dos irmáns Grimm faise unha satírica crítica ao capitalismo, o consumo excesivo de bens innecesarios, e o poder da banca. Diferentes niveis de lectura para rapaces e para adultos.
Orixinal adaptación do clásico dos irmáns Grimm, onde a través da aventura de Hansel e Gretel cóntanse historias actuáis, dun xeito lúdico e en clave de comedia. A aventura comeza cando o pai de Hansel e Gretel e despedido pola bruxa Prestamista