Roman Schatz
Finlandia- Usos e costumes
32781

Dende Finlandia con amor

Cando pensamos en Finlandia seguro que nos vén á cabeza a neve, o sol de media noite, a sauna, Papá Noel e un sistema educativo pioneiro en moitos aspectos. Porén, que é o que sabemos realmente deste estraño país dacabalo entre a antiga Unión Soviética e a Europa capitalista?

Roman Schatz proponnos neste libro unha aproximación retranqueira a diversos aspectos da terra dos mil lagos a través dunha serie de artigos lixeiros, hilarantes e mesmo ferintes por momentos, dende o punto de vista do inmigrante que sofre do choque de culturas. Se sempre tiveches curiosidade polo xeito de vivir desa xente que de tan loura que é resulta case transparente, este libro de seguro que che dará moitas respostas e espertará máis dun riso.

Información adicional

  • Autor: Roman Schatz
  • Xénero: Finlandia- Usos e costumes
  • No Rexistro: 32781
  • Editorial: Esplanadi
  • Ano de Publicación: 2019
Visto 435 veces