Category Image  EVENTOS / Concellería de Xuventude  

 

Charla escola de pais e nais - ALIMENTACION 

Data: Venres, 20. Mayo 2016 
Horario: 18:00 - 20:00
Destinatarios/as: Todas as idades e máis
Lugar da actividade:  Multiusos, Arcade

DESCRICIÓN 

A Concellería de Educación inicia a programación da Escola de Pais e Nais con nova temática e con sesións moi prácticas.

A temática nesta ocasión será " APRENDENDO a...  alimentarnos e mercar en familia"

A primeira charla terá lugar o venres 22 de abril de 18 a 20 h no Multiusos. Esta charla será impartida por Antía Rivadulla (nutricionista) que falará sobre elaboración de menús, lectura de etiquetas, como mercar os productos e sacarlle o maior partido, propiedades dos alimentos, etc.

Haberá actividades paralelas para os nenos/as para poder asistir sen dificultade ás sesións.

A segunda sesión será o venres 20 de maio no auditorio exterior do Multiusos. Nesta sesión, realizaremos un xogo interactivo no que se simulara un mercado real onde as familias poderán mercar productos e onde os monitores/as - tendeiros terán preparadas moitas sopresas!! O contido da sesión será traballar o mesmo tema pero dun xeito práctico onde todos os membros da familia experimenten unha xornada mercando alimentos. Será unha experiencia moi divertida e dinámica xa que o mercado terá unha dimensión case real.

Todas estas actividades son de balde e non cómpre anotarse previamente!

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Accesos : 585