Category Image  EVENTOS / Festival de Cine e Música Infantil  
19 Soutopequeno (Pegatina)2.jpg

 

Cé Orquestra Pantasma (Galicia) 

Data: Venres, 29. Marzo 2019
Horario: 20:30 h.
Destinatarios: Todo o público - 0 anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
Entrada: Libre

Descrición:

Iván Gulín

Cé Orquestra Pantasma (Galicia)

Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Coa música como elemento común, Cé Orquestra Pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre si. Co seu espectáculo, esta compañía galega consegue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas máis arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento, quedando a pasividade practicamente desterrada do campo da festa: home orquestra e público fúndense nun só bloque logrando un clima único en cada ocasión. ?


Accesos : 339