Category Image  CURSOS / AEDL Soutomaior 
519cb84dfa56f4e64bd73c0393e49890_XL.jpg
Curso Turismo Mariñeiro  (10 h.)

 

Do: 13-02-2019 ó: 15-02-2019
Inscricións ata: Luns, 11. Febreiro 2019
Destinatarios: 18 - e máis anos
Prazas: 25 prazas

DESCRICIÓN

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola. Para facilitar o acceso, á formación impartirase en dúas localidades (Arcade na semana próxima e A Guarda a última semana de febreiro).

 

A programación, datas e lugar de impartición son as seguintes:

13 de febreiro de 16 a 19 h (sede da Federación provincial de confrarías de pescadores - Arcade)

  • Turismo mariñeiro, características e beneficios
  • Sentido de mostrar o porto a lonxa e a nosa actividade como profesional do mar
  • Inconvintes/ Público que quero captar
  • Recursos naturais. Cultura mariñeira, características e catalogación 


14 de febreiro, de 16 a 19 h (Multiusos de Arcade)

  • Ciclo de vida dun produto/destino
  • A posta en marcha, recepción e despedida de turistas
  • Deseño e creación dun itinerario dentro das instalacións e interrelacionario co noso proceso produtivo

 

15 de febreiro, de 9 a 13 h (Multiusos de Arcade)

  • Preparación do discurso: Identificar a mensaxe corporativa, filosofía, como falar en público, as tres claves para comunicar
  • Realización de enquisas de satisfacción, check list, ferramentas de mellora e seguimento
  • Creación de paquetes e experiencias creativas a través de Lego: da idea á oportunidade económica

 

O número mínimo de participantes para realizar o curso é de 10 persoas, e o máximo é de 25. En caso esta interesado/a en participar no curso de Arcade, podedes apuntarvos ata o luns 11 de febreiro, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando nome completo e entidade á que pertence.

 


 

 

Accesos : 110