Sabela e Alba desfrutaron dun almorzo saudable
Sabela e Alba desfrutaron dun almorzo saudable
Sabela e Alba son dúas alumnas do colexio Manuel Padín Truiteiro que foron convidadas a almorzar polo Obradoiro de Emprego do concello de Soutomaior "Río Pequeno", tanto Alba como Sabela repetiron no almorzo xa que todo o que probaron estaba moi delicioso. Nas súas casas pola mañá non adoitan a almorzar deste xeito xa que un simple tazón de leite con galletas é o cotiá. As dúas alumnas do Manuel Padín Truiteiro saíron moi convencidas de que o almorzo é fundamental xa que é un aporte de forzas á hora de ir ao colexio. Tanto alba como Sabela comentáronnos que ao chegar os seus fogares falaran coas súas nais para que os seus almorzos sexan máis saudables e completos.
Sara Pampillón é unha das alumnas do Obradoiro e gracias a el xa conseguiu traballo
Sara Pampillón é unha das alumnas do Obradoiro e gracias a el xa conseguiu traballo
O Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno” ten unha duración de nove meses e está dirixido a persoas maiores de 25 anos que carecen dunha profesión, permitíndolles obter un certificado de profesionalidade que favoreza a súa empleabilidad ademais de supoñer unha oportunidade de reciclaxe para aqueles que despois de moito tempo traballando atópanse nestes momentos desempregados. Debido ao éxito das convocatorias anteriores, o taller repetirá as especialidades de Operacións básicas de cociña e Servizos de Restaurante e Bar. Una das particularidades deste taller de emprego é a súa función social a través de diversas actividades. En primeiro lugar, está a súa función como comedor social, que, en coordinación con Cáritas, permitirá cubrir as necesidades básicas de alimentación dos veciños con dificultades económicas. Por outra banda, está a súa función de promoción dunha dieta equilibrada entre distintos colectivos da poboación mediante a realización de xantares saudables que os alumnos do taller prepararán e servirán. En concreto están programadas xornadas cos escolares dos distintos centros de ambos os municipios ademais de actividades con grupos ...