No festival infantil SOUTOPEQUENO a diversión está garantida
No festival infantil SOUTOPEQUENO a diversión está garantida
O actor e titiriteiro Miguel Borines presentou xunto ao alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a concelleira de Cultura Dolores Cernadas o que será o primeiro festival de cine e música infantil "SOUTOPEQUENO" Borines é un dos creadores do Festival e o seu curriculum á hora de organizar actividades culturais é todo un éxito, xa que formou parte da organización do Festival de Títeres de Redondela , do festival de curtametraxes Redondela en Curto entre outros. Borines agradeceu ao Concello de Soutomaior a xenerosidade coa que foi recibido "SOUTOPEQUENO" e non dudou á hora de garantir un éxito rotundo ao Festival, un Festival que conta cunha programación do máis punteira tanto en cinema como en actividades musicais que son dous dos referentes de "SOUTOPEQUENO" Ademais de cinema e concertos poderemos presenciar por primeira vez nun Festival unha selección dos mellores homes e mulleres orquestra do mundo, así coma unha serie de concertos do máis suculento para o público infantil. Lembrar que o Festival serán os días 28, 29, 30 e 31 de marzo
A Semana da Ciencia de Soutomaior visita o Instituto
A Semana da Ciencia de Soutomaior visita o Instituto
A Semana da Ciencia en Soutomaior é unha proposta educativa coa que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motiven a participación e interacción da poboación en xeral. Unha proposta coa que tamén se conmemorou o día internacional da nena e da muller na ciencia que se celebrou o 11 de febreiro co obxectivo de acadar o acceso e a participación plena e equitativa e visibilizar as contribucións que as mulleres, fan e fixeron, durante toda a historia da humanidade nestes ámbitos. Trátase dun programa municipal promovido pola Concellería de Educación no que colaboran as Concellerías de Igualdade e de Xuventude xunto coa Biblioteca Municipal Luís Seoane. En definitiva queremos contribuír a aumentar o nivel de cultura científico-tecnolóxica da cidadanía en xeral porque a experimentación e a curiosidade, non teñen idades nin xénero, e apostar polo fomento das vocacións científicas entre a xuventude nas diferentes áreas do saber.
Semana da ciencia no Concello de Soutomaior
Semana da ciencia no Concello de Soutomaior
Gas radon e os seus efectos sobre a saúde. Venres 8 de Febreiro ás 20,00 horas – Multiusos de Arcade Dentro da semana da ciencia no Concello de Soutomaior prográmase esta conferencia a cargo de Raquel Barbosa Lorenzo. Médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no Hospital de Lugo. Compaxinou a súa formación en Medicina coa realización da súa tese doctoral cuxo titulo é “Uso epidemiolóxico dos mapas de Radon en Galicia” A actividade investigadora centrouse en analizar o efecto do radon sobre a saúde. O radon foi considerado como perxudicial pola Axencia Internacional do Cangro en 1988, polo seu efecto demostrado sobre o cancro de pulmón. Galicia, de feito, presenta zonas con elevada concentración de radon
FrutoDs, unha empresa pioneira no concello de Soutomaior
FrutoDs, unha empresa pioneira no concello de Soutomaior
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado polo delegado @de la Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, visitou a nova sede da empresa tecnolóxica FrutoDS instalada na rúa dá Pedreira. A construción das novas instalacións contou unha axuda procedente do plan Leader de Agader para a modernización e equipamento do estudo. FrutoDS é un estudo de deseño ideado como laboratorio de I+D+i para a optimización de procesos industriais en sectores tan diversos como o do mobiliario urbano, sistemas de climatización ou a xoiería. As súas novas instalacións, segundo indican desde FrutoDs, permiten ao estudo dispoñer do espazo e o equipamento necesario para todo o proceso de deseño e produción de pezas por impresión 3D, a súa posterior montaxe e a realización de ensaios sobre prototipos de novos produtos. “Para o noso municipio é un orgullo acoller iniciativas como esta”, destacou Reguera durante a visita, ao que engadiu que “é un exemplo de startup, e o mellor é que é 100% galega desde o proceso de deseño ata o de produción final”. Do mesmo x...
Pleno ordinario mes de xaneiro
Pleno ordinario mes de xaneiro
A pasada semana celebrouse no Concello de soutomaior o pleno ordinario dorrespondente ao mes de xaneiro, nel tratáronse varias mocións entre elas a presentada polo grupo Socialista en referencia a sanidade pública de Soutomaior
Temos que almorzar saudable para ter forzas durante o día.
Temos que almorzar saudable para ter forzas durante o día.
Tortiñas con chocolate, tortilla, un anaco de pan e zume de plátano foi o almorzo que Noa escolleu o seu compañeiro de escola, Pedro escolleu xamón, queixo, chourizo, tortilla e unha tortiña de chocolate. A posibilidade de escoller estes almorzos saudables foi grazas ao Obradoiro de Emprego do concello de Soutomaior "Río Pequeno" que dentro das actividades do mesmo convidaron aos colexios Manuel Padín Truiteiro e Santiago Apóstol para degustar un almorzo saudable realizado polos propios alumnos e alumnas do curso. Ao rematar o almorzo os rapaces puideron realizar un obradoiro de sushi impartido polos mesmos alumnos do curso de "Río Pequeno" nel ensináronlles as técnicas e trucos para realizar un bo Sushi
Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as
Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as
Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as coméntanos o seu director Camilo, á idea e a de formar a todos os alumnos e que saian coa formación correcta á hora de atopar un traballo. A día de hoxe cremos que para camareiro vale calquera é iso é un tremendo erro, un bo camareiro ten que formarse e esta é a idea do curso, aquí non so formamos a camareiros xa que temos máis disciplinas como as Operacións básicas de cociña e Servizos de Restaurante e Bar. Unha das particularidades deste taller de emprego é a súa función social a través de diversas actividades. En primeiro lugar, está a súa función como comedor social, que, en coordinación con Cáritas, permitirá cubrir as necesidades básicas de alimentación dos veciños con dificultades económicas. Por outra banda, está a súa función de promoción dunha dieta equilibrada entre distintos colectivos da poboación mediante a realización de xantares saudables que os alumnos do taller prepararán e servirán. En concreto están programadas xornadas cos escolares dos distintos centros de ambos os municipios ademais de actividades con grupos da 3ª idade
Sabela e Alba desfrutaron dun almorzo saudable
Sabela e Alba desfrutaron dun almorzo saudable
Sabela e Alba son dúas alumnas do colexio Manuel Padín Truiteiro que foron convidadas a almorzar polo Obradoiro de Emprego do concello de Soutomaior "Río Pequeno", tanto Alba como Sabela repetiron no almorzo xa que todo o que probaron estaba moi delicioso. Nas súas casas pola mañá non adoitan a almorzar deste xeito xa que un simple tazón de leite con galletas é o cotiá. As dúas alumnas do Manuel Padín Truiteiro saíron moi convencidas de que o almorzo é fundamental xa que é un aporte de forzas á hora de ir ao colexio. Tanto alba como Sabela comentáronnos que ao chegar os seus fogares falaran coas súas nais para que os seus almorzos sexan máis saudables e completos.
Sara Pampillón é unha das alumnas do Obradoiro e gracias a el xa conseguiu traballo
Sara Pampillón é unha das alumnas do Obradoiro e gracias a el xa conseguiu traballo
O Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno” ten unha duración de nove meses e está dirixido a persoas maiores de 25 anos que carecen dunha profesión, permitíndolles obter un certificado de profesionalidade que favoreza a súa empleabilidad ademais de supoñer unha oportunidade de reciclaxe para aqueles que despois de moito tempo traballando atópanse nestes momentos desempregados. Debido ao éxito das convocatorias anteriores, o taller repetirá as especialidades de Operacións básicas de cociña e Servizos de Restaurante e Bar. Una das particularidades deste taller de emprego é a súa función social a través de diversas actividades. En primeiro lugar, está a súa función como comedor social, que, en coordinación con Cáritas, permitirá cubrir as necesidades básicas de alimentación dos veciños con dificultades económicas. Por outra banda, está a súa función de promoción dunha dieta equilibrada entre distintos colectivos da poboación mediante a realización de xantares saudables que os alumnos do taller prepararán e servirán. En concreto están programadas xornadas cos escolares dos distintos centros de ambos os municipios ademais de actividades con grupos ...
O C.D. Arcade presentou oficialmente as dintistas categorías para a tempada 18/19
O C.D. Arcade presentou oficialmente as dintistas categorías para a tempada 18/19
O C.D. Arcade presentou oficialmente as distintas categorías para a tempada 18/19, aproveitando o parón das festas de Nadal, as distintas categorías foron presentadas aos seareiros que se achegaron ata o campo do Salgueirón. Dende as categorías base ata o equipo sénior foron desfilando polo campo ata permanecer todos os equipos xuntos para o foto de equipo final.
Con moito esforzo sacamos adiante as nosas categorías
Con moito esforzo sacamos adiante as nosas categorías
Miguel García é o presidente do C.D Arcade dende hai xa uns anos, García está totalmente volcado co seu Club xa que con moito esforzo logran sacar adiante as distintas categorías entre elas as dúas femininas das que dispoñen. Miguel agradece enormemente as todos os esponsors dos que dispón o Club principalmente a Casa Calvar e ao concello de Soutomaior, tamén fai un chamamento aos pais dos xogadores pedindo o máximo respecto á hora de ir ver os partidos dos seus fillos xa que a educación e o deporte van collidos da man.
O pleno aproba os orzamentos para este ano 2019
O pleno aproba os orzamentos para este ano 2019
A semana pasada celebrouse no concello de Soutomaior o pleno que como punto do día levaba a aprobación dos orzamentos para este ano 2019. Pese a votación en contra do B.N.G e o PSOE os orzamentos saíron adiante cos votos do Partido Popular.