Nieves Rodríguez presentou a XXXIII Festa da Ostra
Nieves Rodríguez presentou a XXXIII Festa da Ostra
Nieves Rodríguez foi a encargada de ler o pregón da XXXIII Festa da Ostra e tv Soutomaior tivo o pracer de entrevistar a unha das mulleres máis polifacéticas do panorama audiovisual galego, presentadora, xornalista, actriz calquera das facetas que se lle encargen Nieves é quen de facelas realidade a un nivel extraordinario. Recentemente ven de cosechar tres premios María Casares xunto a Mela Casal e Sheyla Fariña pola obra de teatro "Invisibles", agradecemos a Nieves Rodríguez a amabilidade que tivo coa nosa canle xa que é un pracer inmenso atopar con profesionais tan participativos.
O mal tempo non puido coa XXXIII Festa da Ostra( final)
O mal tempo non puido coa XXXIII Festa da Ostra( final)
O mal tempo non puido coa XXXIII Festa da Ostra declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, a Festa dá Ostra de Arcade supón unha das citas gastronómicas do ano en Galicia e recibe miles de visitantes chegados de toda España desde o punto de vista turístico e gastronómico, esta festa dálle a Arcade unha proxección internacional incalculable, que redunda no ben do municipio e de toda a comarca. A Festa deu comezo o venres pero foi o propio sábado e domingo cando milleiros de persoas abarrotaron o recinto habilitado a resgardo do mal tempo e na búsquea deste manxar tan prezado como é a ostra. O día por excelencia do evento culinario é o domingo que como xa é tradición ao redor dás 13 horas é a lectura do pregón que neste ano a persoa convidada para a lectura foi a presentadora e actriz Nieves Rodríguez.
A parroquia de Arcade celebrou a trixésima edición da popular Festa da Ostra
A parroquia de Arcade celebrou a trixésima edición da popular Festa da Ostra
Cen por cento galegos e identificativos do nosa gastronomía e do noso país son calquera dos produtos do mar, das rías galegas. Falamos dun que ademais é emblema dunha vila, porque case é o mesmo falar da ostra que falar de Arcade. Alí foron pioneiros no seu cultivo e na súa comercialización, así que non é de estrañar que lle dediquen unha festa desde hai máis de trinta anos xa. Ben madrugadores, desde as dez da mañá están abertas en Arcade as casetas nas que podemos degustar as súas afamadas ostras, así ao natural, o mellor xeito de probalas. Non é casualidade que a Festa da Ostra de Arcade, por certo, de interese turístico de Galicia, se celebre o primeiro domingo de abril. E é que seica este momento é no que este apreciado molusco se atopa nas mellores condicións para ser degustado. E, ademais, se pasan por alí tamén van poder probar outros produtos mariñeiros.
Arcade celebrou a trixésima edición da popular Festa da Ostra(final)
Arcade celebrou a trixésima edición da popular Festa da Ostra(final)
Cen por cento galegos e identificativos do nosa gastronomía e do noso país son calquera dos produtos do mar, das rías galegas. Falamos dun que ademais é emblema dunha vila, porque case é o mesmo falar da ostra que falar de Arcade. Alí foron pioneiros no seu cultivo e na súa comercialización, así que non é de estrañar que lle dediquen unha festa desde hai máis de trinta anos xa. Ben madrugadores, desde as dez da mañá están abertas en Arcade as casetas nas que podemos degustar as súas afamadas ostras, así ao natural, o mellor xeito de probalas. Non é casualidade que a Festa da Ostra de Arcade, por certo, de interese turístico de Galicia, se celebre o primeiro domingo de abril. E é que seica este momento é no que este apreciado molusco se atopa nas mellores condicións para ser degustado. E, ademais, se pasan por alí tamén van poder probar outros produtos mariñeiros. Fonte:TVG
Anguías, ameixas e chocos para celebrar a XXXIII Festa da Ostra
Anguías, ameixas e chocos para celebrar a XXXIII Festa da Ostra
A fin de semana pasada do 5 ao 6 de abril celebrouse a XXXIII Festa da Ostra en Arcade; con esa excusa percorremos a Ría e Vigo buscando as historias que a identifican, como as dúas Illa interiores da Ría, este programa pertence a TVG dentro do programa Vivir Aquí
A XXXII Festa da Ostra espera reunir a unhas 30.000 persoas
A XXXII Festa da Ostra espera reunir a unhas 30.000 persoas
A gran cita culinaria de Soutomaior, que se celebrará a primeira fin de semana de abril en Arcade, reunirá a uns 30.000 asistentes que consumirán ao redor de 100.000 exemplares do prezado molusco. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, a concelleira de Cultura, Dores Cernadas, o patrón maior, Alberto Cal, a presidenta das mariscadoras, Rosa Vilán, e o deseñador da imaxe da festa deste ano, o artista local Fabian Piñeiro. Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, a Festa dá Ostra de Arcade supón unha das citas gastronómicas do ano en Galicia e recibe miles de visitantes chegados de toda España. Como vén sendo tradicional, para maior comodidade, tanto dos asistentes como dos encargados dos postos, o recinto da festa instalarase no aparcadoiro do Peirao de Arcade. Durante a presentación, Reguera, explicou que "desde o punto de vista turístico e gastronómico, esta festa dálle a Arcade unha proxección internacional incalculable, que redunda no ben do noso municipio e de toda a comarca. Grazas a ela tamén podemos dar a coñecer outros dos nosos grandes puntos de interese turístico como o castelo ou o noso...
A Festa da Ostra incluirá a “ Mostra de artistas dá  bisbarra”
A Festa da Ostra incluirá a “ Mostra de artistas dá bisbarra”
Pola súa banda a concelleira de Cultura, Dolores Cernadas, presentou o programa oficial da celebración. “Unha programación que pretende ofrecer actuacións e espectáculos para todos os gustos e públicos”, engadindo que “contaremos con grupos tradicionais, como A Roda, orquestras de relevancia, como a Panorama, grupos demandamos polos veciños polo seu éxito en celebracións anteriores, como o grupo América, ademais da clásica animación musical no centro urbano a cargo das dúas bandas de música locais”. Os actos darán comezo o venres 5, a partir das 23:00 horas, coa actuación do grupo América. O sábado 6 as casetas abrirán as súas portas a partir das doce do mediodía para atender aos primeiros visitantes que gozarán da animación musical dunha clásica charanga. Xa pola noite, celebrarase a tradicional verbena nocturna e tirada de fogos artificiais desde a praia do Peirao de Arcade. O domingo 7, día grande dos festexos, as casetas de venda de recoiro abrirán as súas portas dúas horas antes, ás dez da mañá. Unha hora máis tarde, ao redor das 11:00 horas, as bandas de música “Artística de Arcade” e “Cultural de Arcade” exhibirán os seus...
Pleno ordinario mes de marzo concello de Soutomaior
Pleno ordinario mes de marzo concello de Soutomaior
O concello de Soutomaior celebrou o pasado xoves o pleno ordinario do mes de marzo, no pleno acordouse entre outros aspectos unha mellora para a Confraría de Pescadores de Arcade
Éxito absoluto na XIX edición do Certame da Camelia
Éxito absoluto na XIX edición do Certame da Camelia
Esta edición contaba coa participación de máis de 40 expositores, ademais dos traballos dos escolares do municipio e as composicións instaladas polos comerciantes de Arcade e Soutomaior nos seus establecementos. O Certame da Camelia reuniu esta fin de semana a máis de 3.000 admiradores desta fermosa flor no regreso do festival ao castelo de Soutomaior tras as obras de musealización do pasado ano. A entrega de premios contou coa participación do alcalde, Agustín Reguera, a edil de Cultura, Dolores Cernadas, ademais de diversos membros da Sociedade Española da Camelia e a fundadora do Certame, Manuela Gradín. A concelleira de Cultura Dolores Cernadas aproveitou a ocasión para resaltar a implicación dos veciños e a calidade das composicións deste ano, “con auténticas obras de arte floral, tanto pola calidade das obras como a espectacularidade das flores”, indicou Reguera. Do mesmo xeito, agradeceu a súa presenza aos numerosos visitantes desta edición “e contribuír que o festival siga crecendo cada ano”.
Entrega de premios do XIX Certame da Camelia
Entrega de premios do XIX Certame da Camelia
O premio á Mellor Flor a Deolinda Barbosa, como vencedora, Eva Martínez Seoane como segunda clasificada e Mª del Carmen Vidal Franco en terceiro lugar. Como Mellor Composición Artística o primeiro premio foi para a Asociación de Veciños de Romariz, o segundo a Sabela Lorenzo Galiñares e María Teresa Mos Barros como terceira clasificada. O primeiro premio ao Mellor Traballo Escolar foi para os alumnos do CPI Padin Truiteiro, o 2º Premio para o Santiago Apóstolo e o terceiro premio para os alumnos da Escola Infantil de Romariz.
A  XIX edición do Certame da Camelia volta ao Castelo
A XIX edición do Certame da Camelia volta ao Castelo
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura, Dolores Cernadas, presentaron a XIX edición do Certame da Camelia, que se celebrará os días 23 e 24 deste mes. O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta apreciada flor, converterase de novo no escenario perfecto para un festival referencia na comarca. Máis de 40 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior. O Certame da Camelia é un dos máis esperados para os afeccionados á xardinería e a floricultura de toda Galicia e conta cada ano con máis de mil asistentes xa que constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos impresionantes xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, os primeiros de España e os sétimos de Europa en recibir esta distinción. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as dez da mañá ata as 18,30 horas que terá lugar a entrega de premios. O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá l...
Soutomaior celebra a XIX edición do Certame da Camelia
Soutomaior celebra a XIX edición do Certame da Camelia
O Certame da Camelia é un dos máis esperados para os afeccionados á xardinería e a floricultura de toda Galicia e conta cada ano con máis de mil asistentes xa que constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos impresionantes xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, os primeiros de España e os sétimos de Europa en recibir esta distinción. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as dez da mañá ata as 18,30 horas que terá lugar a entrega de premios. O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo. Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística e o Mellor Traballo Escolar contarán con trofeos para as tres mellores propostas. Os alumnos dos colexios do Concello de Soutomaior tamén competirán este ano coas súas exposicións coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais, adornados con esta fermosa flor típica de Galicia. Ademais, haberá premios para os dous mellores concursantes n...