Pleno Extraordinario mes de outubro referente ao I.E.S Soutomaior
Pleno Extraordinario mes de outubro referente ao I.E.S Soutomaior
A semana pasada celebrouse o pleno extraordinario presentado polo B.N.G de Soutomaior para tratar a deficiencia que está a padecer o novo I.E.S de Soutomaior referente aos problemas que afectan ao transporte escolar e para protestar pola supresión de paradas no casco urbano de Arcade.
Maquillaxe de medo, pasadizo do terror e outras actividades
Maquillaxe de medo, pasadizo do terror e outras actividades
O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Co fin de recuperar e poñer en valor as nosas festas populares e a tradición cultural de Galicia a Concellería de Xuventude programa unha serie de actividades co fin de promover a participación activa dos mozos e mozas pero tamén de todos os veciños e veciñas do Concello de Soutomaior como unha gran festa interxeneracional.
Soutomaior celebrará o Samaín con varias novidades(1)
Soutomaior celebrará o Samaín con varias novidades(1)
O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Co fin de recuperar e poñer en valor as nosas festas populares e a tradición cultural de Galicia a Concellería de Xuventude programa unha serie de actividades co fin de promover a participación activa dos mozos e mozas pero tamén de todos os veciños e veciñas do Concello de Soutomaior como unha gran festa interxeneracional. O programa deste ano inclúe novidades como o concurso de selfies que estará aberto desde o día 31 de outubro ata o 3 de novembro, a actividade truco-trato orientación especial samaín que se realizará o mércores 31 de outubro ou as actividades do sábado 3 de novembro que este ano serán xogos populares, ma...
O programa municipal de celebración da festa do Samaín conta con novidades

As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%,
As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%,
O 17 de outubro o instituto de Soutomaior cumprirá un mes dende a súa inauguración aínda que o corpo directivo e profesorado xa estaban no Centro dende o mes de agosto para poñer todo en marcha para o inicio do novo curso escolar, Modesto Campos director do centro foi unha das persoa encargadas de poñer todo a funcionar non só internamente se non tamén externamente demandando as distintas Consellerías e Concello todo o material preciso para este novo curso. As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%, a normalidade e as rutinas diarias farán que todo estea no seu sitio. "Co novo edificio gañouse moito en espazo xa que temos unhas aulas acordes ao demandado" comenta Modesto. Creo que todas estas melloras repercutirán positivamente no alumnado e sobre todo tamén nas familias xa que o centro é moito máis moderno e cunhas comodidades que no Padín Truiteiro non tiñamos.
Houbo un mal entendeido coa Consellería de Transporte
Houbo un mal entendeido coa Consellería de Transporte
No mes de maio e a través da AMPA do CPI Manuel Padín Truiteiro fixeran unhas xestións a Consellería de Transporte para ver cal sería a situación final sobre os autobuses que transportan aos rapaces ao novo instituto. Dende a Consellería manifestaron que o servizo de transporte quedaría tal cal como ate o de agora, dende o instituto ofertaron as mesmas prazas aos alumnos podéndose matricular no novo centro . O problema viría ao comezo do curso xa que as dúas liñas que cobren o servizo están saturadas con 56 e 54 prazas non pudendo atender a toda a demanda de estudantes, tras estes incidentes dende o Instituto chamouse novamente a Pontevedra para explicar o caso e solicitando un autobús a maiores, o cal foi denegado xa que o que se lle ofertara ao novo Centro dende un principio foron os dous autobuses que dende o inicio do curso estiveron en activo. Tras este incidentes entrevistamos ao director do IES de Soutomaior Modesto Campos o cal nos da a versión do sucedido e de como está a situación hoxe en día.
Soutomaior disfrutou dos seus  mellores  deportistas
Soutomaior disfrutou dos seus mellores deportistas
O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,. O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura. Foron presentados os 4 novos clubs federados como os de fútbol veterano Arcade e Verduxo así como o Sofía Alvareze o club ciclista Arcadecycles Team. Os deportistas distinguidos e designados polos clubs locais foron: David Vilán, Alejandro Calvar e Lucia Bouzón (fútbol masculino e feminino), Sofía Alvarez e Alexia Ortega (artes marciais) e Mónica Alarcón (Ciclismo) Como grupos os compoñentes do C.D.Soutomaior xuvenil, o C.D. Arcade sénior e infantil e as mozas do Arcadia Feminino, o grupo de show do Club de patinaxe e os xogadores de pádel do Club Tenis e pádel Soutomaior que participaron nas series nacionais. Como deportistas distinguidos que compiten en clubs fose do Concello pasaron polo escenario Rita Lorenzo, Ainara Calvar e Aldara Cabaleiro en Ximnasia Acrobática, Antonio Palmas, Brais Sanchez e Daniela Alvarez en piragüismo, Mateo Crespo en Crossfit e o xogador do R. C.Celta David Vilán que na súa ausencia o premio foi recollido polo seu avó M...
Pleno ordinario mes de setembro concello de Soutomaior
Pleno ordinario mes de setembro concello de Soutomaior
O pasado xoves celebrouse no concello de Soutomaior o pleno ordinario pertencente ao mes de setembro nel poidéronse tratar diversos temas como o estado dos clubs deportivos de Soutomaior así como o estado do campo do Soutomaior, etc.
Novo chamamento na mellora da Sanidade Pública en Soutomaior
Novo chamamento na mellora da Sanidade Pública en Soutomaior
O domingo 21 de outubro os veciños de Soutomaior sairán novamente á rúa pada demandar o que xa veñen pedindo dende hai xa un tempo " Unha Sanidade Pública digna" para a o concello de Soutomaior. Fartos da situación actual e ante a falta de médicos na Vila e os poucos apoios por parte da política local decidiron tomar as rendas polos seus propios medios e convocar á veciñanza para tratar de conseguir o que eles consideran de xustiza. Tanto Emma Ruíz , Iago Treus ou Alicia Lorenzo consideran que a situación actual do Concello é moi precaria de aí que fagan un chamamento á toda a cidanía da Vila incluídos os partidos políticos locais para que todos unido poidan vogar hacia o mesmo lado. A manifestación prevista para o día 21 de outubro sairá da alameda de Talo-Río ás 12 da mañá e rematará diante do centro médico de Arcade.
O fútbol era para nós algo máis que un deporte
O fútbol era para nós algo máis que un deporte
Cada ano o concello de Soutomaior homenaxea aos seus deportistas máis destacados, nun dos seus apartados sempre hai un espazo para premiar aquelas persoas que deron o seu tempo á práctica do deporte local, para moitos no só era unha forma de pasar o tempo se non de formar parte dun Club de sentir as súas cores de pertencer a toda unha institución de que por aquel tempo era como ter un status moi elevado xa que un defendía e sentía ó equipo da Vila. Neste vídeo repasamos a figura de tres excelentes deportistas que vestiron o uniforme do C.D Arcade, unha época na que a práctica do fútbol non ten nada que ver a de agora, no só polo estilo de xogo se non pola paixón que estas tres lendas lle puxeron nas súas carreiras deportivas.
O río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas ten un dos seus pasos estragados e arrincados
O río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas ten un dos seus pasos estragados e arrincados
O río Verdugo, que vai polo concello de Ponte Caldelas, ten un dos seus pasos, para acceder a outra beira, estragados e arrincados. Os veciños cren que se debe a que taparon unha poza para colocar un gasoduto e cando o río vai cheo a forza da agua move os pasos. Este é un dos pasos que hai no río Verdugo para acceder á outra beira no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Máis da metade delas xa non están, algunhas romperon, outras están estragadas e outras desprazáronse uns metros. Os veciños manifestan que isto é debido a que para colocar un gasoduto taparon unha poza uns metros máis arriba e cando o río baixa cheo move os pasos. Os veciños manifestan que este é o único paso que hai para poder acceder á outra beira do río dende Ponte Caldelas ata Soutomaior. Os outros dous están a máis de cinco quilómetros, un cara a arriba e o outro pasado Soutomaior. Os veciños manifestan que estes pasos teñen máis de 300 anos e que a forza da auga nunca foi capaz de movelos. Por este lugar tamén hai unha calzada pola que atravesaban os carros dos animais cando o río ía con pouco caudal.
Feijóo di que este foi o mellor inicio de curso dos últimos anos en primaria
Feijóo di que este foi o mellor inicio de curso dos últimos anos en primaria
Case 150.000 alumnos de secundaria volveron hoxe ao instituto "nun dos mellores inicios de curso dos últimos anos", ao dicir do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo acompañou neste primeiro día de clase os alumnos da ESO e bacharelato do concello pontevedrés de Soutomaior.