Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Igualdade 
homes.jpg
Obradoiro 25N: Homes con corazón 

 

Do: 25-11-2018 ó: 25-11-2018
Inscricións ata: Domingo, 25. Novembro 2018
Horarios: de 16:30 a 18:30 h.
Destinatarios: 16 - e máis anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 15 prazas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

DESCRICIÓN

Ao longo da nosa vida, aprendemos unha serie de comportamentos por ser homes: “os nenos non choran”, “ti es o rei da casa”, “es forte e podes con todo”… Ser homes tal e como manda esta sociedade, ás veces, é unha carga para nós e fainos sufrir... Moitos sentimos que precisamos revisar eses roles aprendidos. Queremos reformular estereotipos que nos limitan e ver como recolocarnos desde outras masculinidades posibles.
 
HOMES CON CORAZÓN é un espazo para escoitarnos e compartir esas outras maneiras diferentes de ser homes neste mundo…
Un espazo para ver que cousas -das que nos transmitiron- van ben na nosa vida e nos conveñen nas nosas relacións… e que cousas non me gustan, me sacan enerxía ou me mancan, e adquirir ferramentas para cambialas.
Un espazo para ver como colocarnos desde os coidados e o bo trato para nós mesmos e nas nosas relacións. Como colocarnos para unha vida e uns vínculos que me fagan ben e me nutran…

 

  

 

Accesos : 418