Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Igualdade 
xogos.jpg
Obradoiro 25N: Guepard@s #IMPARABLES (actividades infantis) 

 

Do: 25-11-2018 ó: 25-11-2018
Inscricións ata: Domingo, 25. Novembro 2018
Horarios: de 16:45 a 18:15 h
Destinatarios: 4 - 12 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 15 prazas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

DESCRICIÓN

“As nosas guepard@s violetas son uns animáis moi especiáis, teñen a capacidade de ser as mais tenaces e as mais veloces cando de temas de igualdade se trata. Non deixan pasar por alto ningunha actitude sexista, sempre están elas dispostas a dar exemplo de como se fan as cousas, e non hai nada que enfade mais ás nosas guepardas que os comportamentos de desigualdade entre nenas e nenos. Pero teñen un pequeno problema… de tanto ver cousas que non entenden, conductas alonxadas da igualdade, fóronselle borrando as manchiñas, de pura tristura.

Din que é un virus, coma un catarro forte ou unha dor de barriga por enchenta, e claro, tamén se cura. Todo o mundo sabe que as guepardas precisandas suas manchas para ser #imparables, así que decidiron xuntarse e traballar en equipo para recuperar as manchiñas… e a ilusión!

Din que hay unha fórmula máxica que combina cantar, bailar, pensar, xogar … para ir enchendo a sua pel de manchiñas e voltar a ser imparables na carreira pola igualdade. Así que ALÁ VAMOS! “

 

  Horario (maior demanda): Opción 1: 4 a 7 anos Opción 2: 8 a 12 anos

 

Accesos : 398