Martes, 11 Setembro 2018 14:07

IV Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse durante unha xornada na que tamén haberá moita música, danza urbana e outras espazos para poder praticar libremente o skate.

HORARIO DE MAÑÁ
11:00   
               - Apertura Skate Park para uso libre
                           - Confirmación e inscricións  nas actividades
12:00 a 13:30     - Obradoiro de Parkour
                           - Obradoiro de Gorras Trucker

HORARIO DE TARDE
15:00 a 16:00     - Confirmación e inscricións da Competición "Arcade Jam
16:00 a 20:30     - Competición "Arcade Jam" (bmx, scooter)
16:00 a 19:00     - Adestramentos libres (supervisados)  en pista de: Parkour e Skateboard
17:00 a 19:00     - Obradoiro de Graffiti
20:45 a 21:00     - Entrega premios
                           - Competición "Arcade Jam"

HORARIO DE NOITE

21:15                  - Exhibición de Danzas de Rúa con Galirokers e outros grupos.
                            - Pista libre e música con DJ

 

Todas as actividades son de balde pero as prazas son limitadas. Haberá que inscribirse en liña  dende o seguinte enlace: IV FESTIVAL CULTURA URBANA (Inscrición en liña) Desde o Concello queremos destacar a colaboración da mocidade local na organización do evento e tamén a colaboración da tenda Cromoly de Vigo coa dotación de vales que se poderán trocar na súa tenda para as persoas que participen e sorteo de obsequios.


Descargar adjuntos:

18-Cultura-Urbana-Bases.pdf (12 Descargas)
18-Cultura-Urbana-Programa.pdf (13 Descargas)
Visto 195 veces

Soutomaior en Carteis (Arquivo)

Samain 2018

09-10-2018 - Xuventude

Festiflow

19-07-2018 - Xuventude

Cine: Maggie

05-04-2017 - Carteis

Cazarco

04-04-2017 - Carteis

Clases de Ioga

19-12-2016 - Carteis

Samaín 2016

17-10-2016 - Carteis