CONCURSOS / Concellería de Mocidade   

XIII Concurso Verbas para... comunicar 

 

Inicio da actividade: 10-01-2020
Fin da actividade: 08-05-2020
Inscricións ata: Xoves, 7. Mayo 2020 (Ás 20:00 h)
Destinatarios: 12 - 20 anos
Prazas: Sen límites
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

DESCRICIÓN

Obxectivos: promover o uso da língua galega entre a mocidade e conmemorar o día das Letras Galegas.

Modalidades:

1) Redacción: dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.

O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

2) Audiovisual: elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupal (2 ou 3 persoas). Presentar en USB. Pode ser gravado con móbil ou cámara.

Categorías EN CADA MODALIDADE:

  • Categoría A: idades de 12 a 14 anos.
  • Categoría B: idades de 15 a 20 anos.

Presentar en USB. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Acéptanse tamén en calidade HD.

Mensaxe en galego escrita ou verbal

Entrega de premios en maio para conmemorar o día das Letras Galegas. O día do acto de entrega haberá unha actividade lúdico – didáctica de fomento da lingua dirixida a todo o alumnado dos centros que participan.

Tema e estilo: libre

Forma de entrega: OMIX (Multiusos, Arcade) Modo de pago: Non reporta pago

 

Recepción no Multiusos

 


Accesos : 520