Category Image  EXPOSICIÓNS / Concellería de Cultura  

gaita-galega.jpg

 

A gaita na música tradicional galega

Do: 07-06-2018 ó: 21-06-2018
Lugar: Multiusos de Arcade
Horas de visita: 09:30 - 20:30
Destinatario/as: Todo público 

 

A figura do gaiteiro vén desempeñando un papel musicalmente preponderante na sociedade xa desde tempos do imperio romano, onde os tibicen e os auletes practicaban un tipo de música reservada para os rituais, espectáculos públicos e as grandes celebracións. Este foi sen dúbida o papel do gaiteiro galego na sociedade rural ata ben entrado o século XIX, e nalgunhas áreas remotas ata máis aló da metade do século XX.

Inauguración da exposición e concerto do cuarteto tradicional de Maraghotas o xoves 7 de xuño ás 12 h.

 

A gaita na música tradicional galega - QR Code Friendly

Accesos : 1045