Category Image  EVENTOS / Concellería de Educación  

escola-pais-2.jpg

 

Fomentar a autoestima saudable para combatir o acoso

Data: Luns, 4. Junio 2018
Horario: 17:00 - 19:00
Destinatario/as: Toda a familia
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade

 

Escola de Pais

Nesta ocasión tocaremos novos temas de interese pero dun xeito moi práctico porque durante as sesións as familias participarán en xogos de rol e dinámicas para traballar a partir de casos prácticos novas habilidades e recursos que os poidan axudar a mellorar o seu traballo como educadores/as.

A familia ten unha función clave na socialización do individuo e contribúe decisivamente ao seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Exerce unha influencia moi importante na conduta dos nenos/as e nos estilos de vida dos/as adolescentes. Na familia adquírense e desenvólvense as actitudes, crenzas, valores, hábitos, estilos de vida e comportamentos que influirán no modo en que os fillos/as se enfronten á vida e, por tanto, a actuación familiar pode contribuír a evitar o desenvolvemento de problemas.

Ambas sesións son de balde! Haberá actividades específicadas para os máis pequenos/as durante as sesións así que se poderá acudir con eles/as para que poidan participar en actividades lúdicas mentras que os pais e nais participan nos obradoiros.

 

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 a 14,00 h

Fomentar a autoestima saudable para combatir o acoso - QR Code Friendly

Accesos : 254