OBRADOIROS / Servizos Sociais  
r1-batea-mejillones-web.jpeg
Excursión no Barco dos mexillóns polo Grove (Día completo)
Actividade para +65 anos
Prazas completas

Inicio da actividade: 15-06-2024
Fin da actividade: 15-06-2024
Dias da actividade: Sábado 15 de xuño 2024
Horarios: de 10:00 a 20:00 h
Destinatarios/as: 50 - e máis anos
Público dirixido: Empadroados-as
Prazas: 194 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: O Grove

Inscricións:  ata Venres 7 de xuño 
> DESCARGAS: ANEXO 1_DECLARACIÓN DE PERSOA ACOMPAÑANTE (CUMPRIMENTAR E ENTREGAR SÓ NO CASO ESTRICTAMENTE NECESARIO). PDF

 

DESCRICIÓN

‘Ronsel’ Programa municipal de envellecemento activo.
 Iniciaremos a actividade no barco dos mexillóns, para descubrir o cultivo de mexillón nas bateas, veremos as cordas de mexillóns coa visión submariña, así como outras especies como as recoiro e as vieiras, que tamén son cultivadas na Ría de Arousa.  Ademais da visita ás bateas, poderás gozar da beleza da costa e a contorna dos pobos costeiros da Ría de Arousa e rematar cunha degustación de mexillóns acompañados dun bo viño, auga ou refresco.
Esta actividade transcorre no Grove pola Ría de Arousa e ten unha duración de pouco máis de 1 h.  
Ao finalizar regresaremos a porto, teremos tempo libre para descansar e logo iremos a xantar ao Hotel Norat para logo finalizar cunha baile amenizado polo Trío Azabache.
 
Ida:
  • 10:00 h Saída autobús desde Casa do Concello
  • 10:15 h Saída autobús desde Cruce de Pierres
Chegada de volta aproximadas:
  • 20:00 h Cruce de Pierres
  • 20:10 h Casa do Concello
 
Inclúe desprazamentos en autobús, paseo en barco, degustacións, xantar e baile no Hotel Norat O Grove***
 
Importante: LEMBREN QUE AS PERSOAS DESTINATARIAS SON AS PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS. Só se permitirá a inscrición de persoas menores desta idade nos seguintes casos:
- Cónxuxe: no caso de matrimonios/parellas de feito se algunha das persoas non ten os 65 anos entón poderá inscribirse como acompañante.
- Necesidades especiais: no caso de que as persoas inscritas de +65 anos precisen para poder asisitir ir con acompañante. Neste caso deberán entregar un xustificante xunto coa inscrición no que quede acreditada a necesidade de levar unha persoa acompañante e que esta se inscriba tamén na actividade para que quede reservada a praza.
 
A inscrición soamente permitirá a idade desde 55 anos para este casos excepcionais. No caso de darse outra circunstancia chamen ao Concello.
 
 
Soamente poden participar persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
 
Máis información e axuda para realizar as inscricións en liña  nas oficinas xerais do Concello (Soutomaior) ou nos Servizos sociais no centro integrado de Benestar (Multiusos, Arcade).
 
As prazas son limitadas. 
 

* Dirixidos a persoas empadroadas no Concello de Soutomaior

Parada de Bus: Opción 1: Opción 1: 10:00 h Casa do Concello Opción 2: Opción 2: 10:15 h Cruce de Pierres Modo de pago: Non reporta pago   

 

Axenda destacados - Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1204