OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  

Autocoñecemento para o cambio 

Inicio da actividade: 22-01-2024
Fin da actividade: 18-03-2024
Dias da actividade: Os luns do 22 de xaneiro ao 18 de marzo
Horarios: de 10:00 a 13:00 h
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Mulleres
Prazas: 15 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Centro de Benestar Integrado (Multiusos)

Inscricións: 
ata 17 de xaneiro 

DESCRICIÓN

Este obradoiro está pensado coma un espazo vivencial teórico-práctico para traballar pola nosa saúde integral. 
É un tempo para parar, para conectar co noso corpo e coas nosas emocións e escoitarnos. É un espazo para aprender a gozar co que nos gusta e nos fai ben, e adquirir ferramentas para transformar o que non nos gusta ou nos manca. E así mellorar a nosa saúde (aprendendo como relaxarnos, como durmir mellor, aprendendo a traballar polo noso benestar…). É un espazo para aprender a vivir desde o Botrato con nós mesmas e coas persoas do noso redor.
Desde esta perspectiva de saúde integral, traballaremos polo tanto dun xeito teórico e vivencial ao redor de diversos eixos: Recuperar a nosa capacidade de facer respiracións completas e de relaxarnos (para aliviar a dor, para durmir ben…) / Reconectar co noso corpo para comprender a súa linguaxe e poder transformar as nosas emocións negativas / Aprender a colocarnos no corpo da dignidade / Aprender a construír espazo persoal / Construír familia afectiva / Desenvolver o equilibrio de coidar e deixarse coidar desde o pracer / …

* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 234