OBRADOIROS / Concellería de Deportes  

Actividades de Verán 2023 

Inicio da actividade: 31-07-2023
Fin da actividade: 26-08-2023
Destinatarios/as: 3 - 14 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Infantil-Xuvenil
Prazas: Grupos limitados por idades
Acceso: De pago
Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións
Lugar da actividade: SIN LOCALIZACION
Inscricións:  desde 5 de xullo
ata 14 de xullo 

DESCRICIÓN

As actividades que se realizan son moi variadas e se adaptan as idades das persoas participantes, entre elas destacan, orientación, aquapark, xogos tradicionais…

 Cada grupo de idade disfrutará de dúas actividades cada semana, unha en sesión de mañá e outra de tarde.

 

As datas das semanas son:

1ª SEMANA: do luns 31 de xullo ó venres 04 de agosto (Semana Laranxa)

2ª SEMANA: do luns 07 ó venres 11 de agosto (Semana Azul)

3ª SEMANA: do luns 14 ó venres 18 de agosto (Acampada 19 e 20 de agosto) (Semana Verde)

4ª SEMANA: do luns 21 ó venres 25 de agosto (26 de agosto: Clausura) (Semana Amarela)

 

A organización dos grupos realizarase por idades: 

  • Grupo A: nenos de 3 e 4 anos (2020,antes do 31 de xullo-2019)
  • Grupo B: nenos de 5 e 6 anos ( 2018-2017)
  • Grupo C: nenos de 7 e 8 anos ( 2016-2015)
  • Grupo D: nenos de 9 e 10 anos (2014-2013)
  • Grupo E: nenos de 11 a 14 anos (2012 a 2009)

 

DATA DA INSCRICIÓN: Do 05 ó 14 de xullo de 2023. 

LISTA DE ADMITIDOS: 18 de xullo 2023

PAGAMENTO E DOCUMENTACIÓN: Do 18 ó 26 de xullo 2023

 

Documentación: 

As nenas e nenos interesadas deberán presentar no pavillón municipal do concello ou a través do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a seguinte documentación: 

  • Xustificante de inscrición. 
  • Xustificante bancario. 
  • DNI da nai, pai titora ou titor. 
  • DNI da nena ou neno ou libro de familia. 
  • Libro de familia para acreditar descontos de irmás(de ser o caso). 

 

O pago realizarase mediante:

Ingreso bancario: á conta do concello de Soutomaior nº ES68 2080 5457 9831 1010 1855 (Abanca) facendo constar o nome do participante e concepto de Actividades de Verán

 Con tarxeta: no pavillón municipal. As persoas que desexen máis información sobre as Actividades de Verán ou sobre a documentación a aportar poden poñerse en contacto coas técnicas deportivas do Concello de Soutomaior no teléfono 986700964.

* Dirixidos a persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

Grupos por Idade: GRUPO A: 3 - 4 anos / GRUPO B: 5 - 6 anos / GRUPO C: 7 - 8 anos / GRUPO D: 9 - 10 anos / GRUPO E: 11 - 14 anos Custe empadroados/as: 10€  (Custe total: 10€) Cotas: 1 cota  Modo de pago: Pago único (ou Custe total) Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia do DNI (Participante), Fotocopia do DNI (Pai/nai/titor), Libro de Familia (Se procede) Forma de entrega: deportes(arroba)soutomaior.gal

 

Axenda destacados - Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1853