Acción voluntaria na que as persoas inscritas participarán en obradoiros de formación XACOBEA “EXPRESS” e en obradoiros prácticos de contido ambiental, social, histórico e publicitario para poñer en marcha o traballo de acción ambiental e social en lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior arredor do Río Verdugo e da Ponte Colgante e Medieval. Labores de “plogging”, información de apoio a peregrinas/os e intervencións locais puntuais, deseño de contidos para difusión temática en RRSS e creación do Blog Soutomaior fai Camiño. ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS durante o campo:
-
Rutas ambientais e históricas a puntos de interese do Concello.
-
Día temático Castelo de Soutomaior.
-
Obradoiros de “igualdade de xéner“, de mitoloxía galega, de relaxación.
-
Xincanas populares.
-
Excursión á Illa de San Simón con ruta mariña en Paddle Surf + piragua.
Custe: 110 € euros xeral e as persoas posuidoras do carné xove, título de familia numerosa ou familia monoparental pagarán 82,50 €.
Inscricións na web ata cubrir prazas: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/campos-de-traballo-inscricion
Prazo: ata 5 días antes das actividade (11 de xullo)
Máis información:
- OMIX Soutomaior. Tel. 986700822 – 638822868, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tel. 981 957 115. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Servizo de Xuventude en Vigo. Tel. 986 817 079