OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Estas actividades estarán adaptadas ás idades das persoas participantes. Os materiais que usemos nas actividades 3R fundamentalmente serán con cousas de reutilicemos para darlle unha segunda vida e reciclar. Se alguén ten algunha intolerancia alimentaria ou algunha diversidade funcional, por favor, que o indique no apartado correspondente do formulario para que poidamos poñernos en contacto con vós e atendela.
3R XOGA - FUTBOLÍN E LABIRINTO (6-8 anos) (9-11 anos)
Breve descrición: nesta actividade construiremos dous xogos empregando unha caixa de zapatos, paus de pincho moruno, pinturas para diferenciar os equipos, unha bola e ganas de pasalo ben. Cando teñamos o futbolín construiremos un labirinto de dificultades variadas para superar o reto e ir engadindo e quitando obstáculos de maneira moi doada.
COCIÑA- BOLACHAS DE MANTEIGA (6-8 anos) (9-11 anos)
Breve descrición: introducirémonos no mundo da repostería dunha maneira doce e divertida cunha receita sinxeliña pero que conquistará os nosos padais. Os ingredientes principais serán fariña e ganas de amasar. Adaptaremos a actividade e os ingredientes ás intolerancias alimentarias que marquedes na inscrición.
3R AGASALLA - ESTAMPACIÓN ECOLÓXICA (6-8 anos)
Breve descrición: practicando en papel antes de levar a nosa obra á tela, faremos diferentes deseños de debuxos feitos cos dedos ou palmas da mans.
3R AGASALLA - TESTOS CON FORMAS TRIBAIS (9-11 anos)
Breve descrición: mediante a reutilización de botellas de plástico crearemos macetas divertidas con diferentes cores e materiais. Cortaremos o recipiente para adaptalo á forma que desexemos e decorarémolo pintando caras ou animais.
COCIÑA - BROWNIE E TRUFA DE DÁTIL (9-11 anos)
Breve descrición: nesta actividade faremos dúas propostas. Un brownie porque se che gusta moito o chocolate, esta receita é a túa pois daremos un biscoito de cacao para rechupetear os dedos e tamén faremos trufas de dátiles que son uns doces sinxelos e moi saudables. Todos os aportes nutricionais imprescindibles nun petisco delicioso. Adaptaremos a actividade e os ingredientes ás intolerancias alimentarias que marquedes na inscrición.
3R XOGA - XOGO ARTÍSTICO CON LETTERING (12-14 anos) (15-18 anos)
Breve descrición: lettering é o arte de debuxar letras, pensar nelas como formas, non como letras. Tratase dunha actividade que resulta moi divertida e onde lograremos resultados espectaculares, para posteriores deseños para realización de carteis, slogans, mensaxes en vidro, etc, etc.
3R AGASALLA - FUNDA DE MÓBIL CÓMIC (12-14 anos) (15-18 anos)
Breve descrición: actividade na que realizaremos unha funda de móbil para poder ter organizado cable e teléfono mentres realizamos a carga do mesmo, na que o material a empregar vai ser papel de cómic, de xornal, de agasallo…..en definitiva, de moitas cores.
COMO VAI A FUNCIONAR CADA ACTIVIDADE?
A conexión realizarase mediante a web: https://meet.jit.si/
Simplemente con poñer este enlace en calquera buscador xa podedes entrar (non é necesario descargar nada). Podedes facelo desde o móbil ou desde o ordenador. Necesitades ter cámara e micro.
Crearemos unha sala específica para cada actividade cuxo enlace vos daremos nos días previos ó inicio para que poidades conectarvos no día e hora sinalado. Tamén vos enviaremos por whatsAPP o listado de material que precisades ter preparado para a actividade (serán cousas sinxelas e fáciles de conseguir).
Accesos : 1127 |