EVENTOS / Concellería de Cultura
Descrición: Un novo xiro creativo de MDM Producións, incomparable e orixinal que presenta a duas das comedias de Molière: "O burgués xentilhome" e "O avaro" adaptadas de maneira única, cunha galería de personaxes nas escenas máis divertidas... Monsieur Jourdain é un rico burgués que se empeñou en aprender todo o que sexa necesario para adecuarse aos costumes e modais da nobreza, clase social á cal non pertence. Para este fin, dedica todo o seu tempo e enerxías a encargar finas vestimentas ao seu xastre e a tomar clases particulares con profesores de música, baile, esgrima e filosofía, que non lle achegan máis que conceptos básicos ou superficiais. A súa nai, Mamá Jourdain, é moi avara e reprocha constantemente o comportamento do seu fillo. Á súa vez Monsieur Jourdain establece unha relación de amizade con Dorante e Dorimena, uns farsantes que se aproveitan deles para pedirlles diñeiro. Dorante nun dobre xogo, tratará de manter ilusionado a Jourdain coa promesa do amor de Dorimena, e tamén se esmerará en seducir a Mamá Jourdain e facerlle crer, a pesar da súa avanzada idade, que está locamente namorado dela... As comedias de Molière retratan unha época perfectamente inmortalizada a través da observación coidadosa e afiada da súa dramaturxia; os seus puntos máis importantes son: a comparación social, os conflitos xeracionais, os valores e contradicións da sociedade. Nunha clase maxistral de comedia, percorreremos as principais escenas máis brillantes destas dúas magníficas comedias ao mellor estilo MDM. Desta maneira, continuamos traballando no que é o noso principal obxectivo: "Achegar ao teatro a todos os públicos"
Accesos : 1518 |