OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Breve descrición: A ruta comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.
Características: 4,8 kms.
Dificultade media: desnivel suave. Circular. Terreo irregular. Nalgún momento hai que esquivar algunha ramallada ou dar un pequeno salto para pasar algún pequeno obstáculo. Algún tramo pequeno de asfalto. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.
Coordenadas: -8,5575, 42,3402
A inscrición realizarase ata o luns 30 de abril a través deste formulario de google: https://goo.gl/forms/1Ua7DTsjy4BWHSeD3
Accesos : 1470 |