EVENTOS / Concellería de Igualdade
Descrición: 19:30 h. Documental sobre a figura das lavandeiras en Soutomaior. 20:00 h. Espectáculo Monólogo: "Lavandeiras". O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos arredor deste grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Daboapipa recolle ese patrimonio oral, musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos que arrodean os lavadoiros.
Ficha artística
Accesos : 1107 |