OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no obradoiro de CREACIÓN DA COMPARSA MUNICIPAL DE ENTROIDO. Esta actividade ten como obxectivo promover a participación veciñal nesta festa con tanta tradición en Galicia. Durante o obradoiro as persoas que se inscriban poderán aprender todas as labores necesarias para a confección dunha comparsa que pasan pola confección de disfraces, a coreografía – bailes - música e caracterización das personaxes do tema escollido. Como en anos anteriores esta é unha actividade dirixida a todos os públicos porque a idade non ten que ser unha limitación para divertirse e disfrutar do entroido en primeira persoa. O único requisito é que os/as menores de 4 anos terán que vir acompañados/as dunha persoa adulta para unha mellor organización.
Durante o desfile a comparsa irá acompañada polo monitorado do obradoiro e, este ano, tamén por animacións que acompañarán esta comparsa municipal durante todo o percorrido.
Os horarios do obradoiro son:
Prazo de inscrición para participar no obradoiro de creación da comparsar: ata 13 de febreiro.
Esta actividade é totalmente de balde incluídos os materiais de elaboración dos disfraces.
Descargar archivo:
Accesos : 976 |