![]()
Descrición: O domingo 5 de novembro (antes sábado 4 de novembro) a partir das 17.00 h o Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes, maquillaxe, tunel do terror e moita troula e música da cal que encargará o grupo de animación Troula cun espectáculo que non vai deixar a ninguén indiferente porque estará protragonizado por todo tipo de creaturas do máis aló que farán desta noite de samaín unha noite de medo pero tamén de diversión. Programa 2017
Durante toda a tarde STAND informativo e de sensibilizado sobre lecer alternativo e saudable " A QUE XOGAS" (Xunta de Galicia).
Accesos : 1176 |