CURSOS / Concellería de Emprego e Industria
DESCRICIÓN
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego, nos Concellos daCoruña, Carballo, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Lalín, que permitirá mellorar a empregabilidade das persoas que están en paro e na busca dun novo emprego.
En que consiste este programa?
Cada lanzadeira servirá para ADESTRAR a un equipo de 20 persoas desempregadas (15 mozos menores de 35 anos e cinco persoas de maior idade, ata os 59 anos) para realizar unha NOVA PROCURA DE TRABALLO, acorde ao mercado laboral actual.
Xa non estarás só/a na procura de traballo. Contarás coa axuda dun/ha técnico/a durante os cinco meses que dura o programa. Contigo estarán tamén outras persoas desempregadas, que vos axudaredes mutuamente a buscar traballo.
Que actividades farás na lanzadeira?
Características das lanzadeiras
Que resultados teñen as lanzadeiras de emprego?
Colectivos aos que se dirixe:
Duración da lanzadeira: 5 meses, comezarán o 10 de maio e finalizarán o13 de outubro. Do 14 ao 18 de agosto haberá un descanso.
Lugar de inscrición: Preferiblemente na páxina web: http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion
Tamén poden informarse, solicitar e entregar impresos de inscrición:
Prazo de inscrición: Ata o 20 de abril de 2017.
Selección de participantes: En cada localidade na que se vai desenvolver a lanzadeira, haberá unha persoa que actúe como coordinadora da lanzadeira, quen fará unha selección de 20 persoas, entre os solicitantes, previa entrevista.
Accesos : 830 |