OBRADOIROS / Concellería de Deportes  
foto-vallegón-scaled.jpg
BARRANQUISMO ou CANOAXE (2 e 1/2 h de descenso)


Inicio da actividade: 14-07-2024
Fin da actividade: 14-07-2024
Dias da actividade: Domingo 14 de xullo 2024
Horarios: de 9:00 a 15:00 h
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Adultos
Prazas: 12 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Tourón-Melón (Ourense)

PUNTO DE ENCONTRO >>> Campo da Feira, Arcade
Inscricións:  ata Venres 5 de xullo 2024 
> DESCARGAS: ANEXO 1: Modelo decl. resp. indiv BARRANQUISMO.pdf

 

DESCRICIÓN

Canoaxe, Descenso de Barrancos ou Canyoning pertence as denominadas Actividades de Montaña e consiste en descender polo leito dun río camiñando, saltando, nadando ou descendendo con cordas.

Trátase de unha das actividades deportivas máis completas e a súa conexión coa contorna é enorme. A enorme cantidade de ríos que temos na nosa Terra convérteo nun lugar excepcional para a práctica da Canoaxe, principalmente no sur de Galicia. 

CANOAXE CERVES SUPERIOR (NIVEL INICIACIÓN / MEDIO) 

O tramo do Cerves Superior é un dos Barrancos máis repetidos en Galicia. A causa principal é a beleza das súas formacións e a cantidade de recursos que ten para gozar dun descenso divertido e sen complicacións. Durante o percorrido pódense realizar varios saltos a pozas cristalinas con alturas que van dos 2 aos 8 metros. Tamén hai dúas fervenzas de 10 e 25 metros e algunha outra sorpresa que é mellor descubrir alí.

As actividades inclúen:

  • Guías Titulados como Técnicos Deportivos de Nivel II na súa disciplina. 
  • Material térmico e de seguridade homologado. 
  • Protocolos de Seguridade Sanitaria. 
  • Vestiarios con duchas de auga quente. 
  • Fotografías gratuítas da actividade. 
  • Seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes. 

Os participantes deben...

  • Traer bañador e tolla. 
  • Traer calzado deportivo que se poida mollar. Recomendado bota ou zapatilla deportiva tipo trekking. Non valen escarpíns con sola nin outro calzado que non cubra ben o pé. 
  • Ter en conta os Requisitos Especiais de cada roteiro para evitar situacións comprometidas durante as actividades. 
  • Ser maior de idade. 
  • Consultar os Requisitos Especiais de cada roteiro. 

Requisitos de participación:

  • Saber nadar e non ter medo as alturas.
  • Achegar asinada a declaración de responsabilidade (anexo I) o día da actividade.
  • Ter capacidade para camiñar por terreo resbaladizo durante alomenos 3 horas.
  • Non se precisa experiencia previa.

* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior, *Inscrición en liña por rigorosa orde de recepción

Custe empadroados/as: 40€  Custe NON empadroados/as: 50€  Cotas: 1 cota  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia do DNI (Participante), ANEXO 1 Forma de entrega: Enviar a: pavillon(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp 659 313 672

 

Inscrición en LIÑA

 


ACTIVIDADE

DATOS PERSOAIS DO/A PARTICIPANTE

O/a participante é a persoa que vai participar na actividade, en caso de ser menor de idade deberán rexistralo/a o seu pai/nai/titor na seguinte páxina



DOCUMENTO DE IDENTIDADE


PARTICIPANTE EMPADROADO/A

Está o/a participante empadroado/a no Concello de Soutomaior?

* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior


ENDEREZO


DATOS DE CONTACTO


OBSERVACIÓNS E APOIO

No caso de precisar apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, ou apoio técnico ou loxístico deberá comunicar esta circunstancia previamente á organización.

Padece algunha enfermidade, alerxia ou intolerancia, que considere debemos ter en conta?. Precisa apoio técnico ou loxístico?

Verificación Idade
No caso de que o/a participante sexa menor de idade deberá cumplimentar a seguinte Autorización do/a pai/nai/titor.
Normas e Condicións

ENVÍO DE INFORMACIÓN

Autorizo ó Concello de Soutomaior a enviarme información sobre outras actividades que organiza ó meu correo electrónico?


OBSERVACIÓNS ADICIONAIS

Sinatura

Sinatura do/a Participante

Declaro que son maior de idade ou no seu defecto que asina a persoa representante legal. Faga a súa sinatura co dedo. Si non lle parece que saiu ben a sinatura, borre e volva a facela.

ATENCIÓN: unha vez enviada a inscrición, recibirá unha copia no seu email, isto pode tardar uns minutos. Si non lle chega, e antes de voltar a facer outra inscrición revise na súa carpeta de SPAM ou a bandexa de non desexado.


Accesos : 149