O campamento vai enfocado este ano a descubrir a mellor forma de gozar do surf na praia de Razo situada en Carballo (A Coruña). A escola Art Surf Camp, ofrece clases de surf con monitorado altamente cualificado e a oportunidade de divertirse nunha experiencia única nun ambiente seguro e acolledor.
Os grupos organizaranse por idades.
Actividades:
Principal: SURF
Secundarias: veladas, rutas de senderismo e acceso libre controlado ás instalacións e equipamentos da mesma (mesa ping - pong, rampas skate , volei, patinete, material de protección, táboas de equilibrio.
Duración: (5 días/4 pernoctas) de 2024
incorporación pola mañá e saída o último día despois de xantar.
Lugar: Praia de Razo, Carballo (A Coruña).
Prazas: 49
Custe: 70€ empadroados/as; 250€ non empadroados/as.
Inclúe: manutención, pernocta en habitacións compartidas con baño, actividades, material, personal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos de ida e volta.
IMPORTANTE: no caso de que algunha persoa teña diversidade funcional debe indicalo na ficha para que desde a OMIX nos poñamos en contacto previamente e poidamos adaptar as actividades. Haberá un número limitado de prazas para estas situacións que se cubrirán por orde de inscrición.
Observacións: Realizarase unha reunión coas familias e participantes na que estará o equipo de monitores/as previamente.