Este obradoiro está pensado coma un espazo vivencial teórico-práctico para traballar pola nosa saúde integral.
É un tempo para parar, para conectar co noso corpo e coas nosas emocións e escoitarnos. É un espazo para aprender a gozar co que nos gusta e nos fai ben, e adquirir ferramentas para transformar o que non nos gusta ou nos manca. E así mellorar a nosa saúde (aprendendo como relaxarnos, como durmir mellor, aprendendo a traballar polo noso benestar…). É un espazo para aprender a vivir desde o Botrato con nós mesmas e coas persoas do noso redor.
Desde esta perspectiva de saúde integral, traballaremos polo tanto dun xeito teórico e vivencial ao redor de diversos eixos: Recuperar a nosa capacidade de facer respiracións completas e de relaxarnos (para aliviar a dor, para durmir ben…) / Reconectar co noso corpo para comprender a súa linguaxe e poder transformar as nosas emocións negativas / Aprender a colocarnos no corpo da dignidade / Aprender a construír espazo persoal / Construír familia afectiva / Desenvolver o equilibrio de coidar e deixarse coidar desde o pracer / …