OBRADOIROS / Concellería de Deportes
DESCRICIÓN
O Concello de Soutomaior organiza esta primeira carreira popular pedestre co fin de promover os valores solidarios e os hábitos saudables a través do deporte mediante a organización dunha proba deseñada para todas as persoas que promova a igualdade en contextos lúdicos e de esparcemento. A proba terá un carácter non competitivo e será inclusiva, solidaria e adaptada a todas as persoas.
Solidaria porque recolleremos alimentos non perecedoiros o mesmo día da proba que logo se destinarán ás persoas máis vulnerables, repartidos por Cáritas Arcade e de Soutomaior.
Inclusiva porque responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada persoa. O percorrido realizarase co acompañamento de persoas familiares ou amigas ou persoas voluntarias, de ser o caso. Á hora da inscrición será necesario cumprimentar o apartado de necesidades especiais e a entidade organizadora porase en contacto coa persoa.
Adaptada porque adecuarase a proba a cada persoa con necesidades. Desta maneira, a persoa participante con diversidade funcional poderá realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros. Haberá outras medidas de apoio como unha cadeira adaptada, prestada pola Deputación de Pontevedra. Deberase consultar na Casa do Concello ou Pavillón da Montesiña polas medidas específicas para este proba no marco do programa "Soutomaior Inclusivo".
CONSULTAR BASES COMPLETAS
Accesos : 3609 |