Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Soutomaior Concilia, campamentos de nadal. Programa destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior.
Vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior de entre 3 e 14 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h.
Polo tanto existen 4 horarios a escoller:
-
Opción 1: de 8 a 14 h.
-
Opción 2: de 8 a 15 h.
-
Opción 3: de 9 a 14 h.
-
Opción 4: de 9 a 15 h.
Con relación ás inscrición e a asignación de prazas:
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os martes ou venres de 9 a 14 h.
Desde o luns 27 de novembro ate o ás 14:00 h do xoves 7 de decembro.
O martes 12 publicarase o listado de crianzas admitidas. NON SE CHAMARÁ PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
Valoracións e puntuación:
Asignaranse prazas segundo os criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición, adxuntandos a casilla correspondente, de non ser así, non se computarán.
-
Familias monomarentais/parentais
-
Vítima de violencia de xénero
-
Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares
-
Familias con diversidade funcional
-
Familias numerosas
Documentación a presentar na plataforma durante a inscrición:
Por favor, teña toda a documentación a man, para enviala xunto coa solicitude.
NON se admitirán as solicitudes que NON estean acompañadas da documentación requirida.
-
DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia)
-
DNI da nai e o pai
-
Acreditación dos criterios de vulnerabilidade, imprescindible para a súa valoración
As persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán automaticamente excluídas da convocatoria.
Con relación á asistencia no Campamento:
No caso de non acudir e o non alegar xusta causa, penalizarase de cara a futuras convocatorias dentro do programa de Espazo Concilia. Para resolver calquera tipo de dúbida, poden chamar o CIM 986 701 227, martes ou venres, en horario de 9 a 14h.