OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de expresión corporal e dramática, técnicas de vocalización e fala en público nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo aprendendo dun xeito práctico e colectivo mediante dinámicas de educación non formal.
Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica. Os grupos por idades aproximadas:
Horarios e grupos:
Itinerario: INFANTIL
Idades: 4 a 8 anos
Horarios: venres de 16:30 a 17:45 h.
Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.
Itinerario: XUVENIL 1
Idades: 9 a 12 anos
Horarios: venres de 18:00 a 19:30 h.
Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.
Itinerario: XUVENIL 2
Idades: 12 a 17 anos
Horario: venres de 19:45 a 21:15 h
Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.
Profesora:Tamara Campos
IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición. No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición.
A actividade ou grupo poderá cancelarse se non se cubren un mínimo de prazas. * NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior
Accesos : 1222 |