OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  

Campamento de Verán Artístico Concilia 2023  

Inicio da actividade: 31-07-2023
Fin da actividade: 08-09-2023
Dias da actividade: 3 Quendas
Horarios: A escoller
Destinatarios/as: 3 - 14 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Infantil
Prazas: 50 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións: 
ata 26 de maio ás 14:00 h ás: 14:00 h.

DESCRICIÓN

 

Normas para o campamento
Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Verán artístico Programa destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior, onde traballarase as diferentes manifestación artísticas.
 
Vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior de entre 3 e 14 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h .
Polo tanto existen 4 horarios a escoller:
 
• Opción 1: de 9 a 14 h.
• Opción 2: de 8 a 14 h.
• Opción 3: de 8 a 15 h.
• Opción 4: de 9 a 15 h.
 
Este programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. 
 
Con relación ás inscrición e a asignación de prazas:
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os mércores o venres  de 9 a 14 h.
Ata o venres 26 de maio ás 14:00 h.
 
Valoracións e puntuación:
Asignaránse prazas según criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición
- Familias empadroadas ou que traballen no termo municipal
- Familias monomarentais/parentais
- Vítima de violencia de xénero
- Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares
- Familias con diversidade funcional
- Familias numerosas
- Renda por debaixo de :
  • o 12 pagas: 18.000€
  • o 14 pagas: 21.000€
 
Documentación a presentar na plataforma durante a inscrición:
Por favor, teña toda a documentación a mán, para enviala xunto coa solicitude.
NON se admitirán as solicitudes que NON estean acompañadas da documentación requerida.
•DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia)
•DNI da nai e o pai
•Acreditación dos criterios de vulnerabilidade
•Cumprimentar os anexos de autorización de toma de imaxes
As persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán automaticamente excluídas da convocatoria. 
 
Con relación ás quendas e horarios do campamento:
O Campamento desenvolverase durante os meses de xuño e xullo, no edificio Multiúsos de Arcade. Desta forma establécense as seguintes quendas:
 
1 quenda: do 31 de xullo ó 14 de agosto
2 quenda: do 16 de agosto ó 31 de agosto
3 quenda: do 4 ó 8 de setembro
 
Con relación á asistencia no Campamento:
No caso de non acudir e o non alegar xusta causa do mais do 30% das horas nunha quenda, penalizarase de cara a futuras convocatorias dentro do programa de Espazo Concilia. Para resolver calquera tipo de dúbida, poden chamar o CIM 986 701 227, mércores ou venres, en horario de 9 a 14 h.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Axenda destacados - Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1056