EXPOSICIÓNS / Concellería de Ensino
Divulgaciencia: Feira de ciencia
Inicio da actividade: 04-05-2023
Fin da actividade: 04-05-2023
Horario de mañá: 10:00 a 13:00 h
Horario tardes: 16:00 a 18:00 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Lugar: Alameda Talo Río
|
Descrición:
Exposición de proxectos:
Os proxectos que se expoñen nesta feira están realizados por alumnado de secundaria e bacharelato dos centros: IES Soutomaior e Colexio Santiago Apostol.
En cada stand haberá un grupo de alumnos/as que explicará o seu proxecto ao público visitante co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando co público, resolvendo dúbidas e comentando os resultados obtidos, así como, curiosidades do proceso levado a cabo.
Como visitar a Feira?
-
Visitas libres no horario da Feira sen necesidade de inscribirse.
-
Visitas interactivas guiadas por persoal experto dirixidas a grupos (centros educativos, centros e maiores, asociacións,..).
-
Prazo de inscrición para realizar a visita guiada ATA O 3 DE MAIO. Tras recibir o formulario comunicaremos desde a OMIX a confirmación.
|