CONCURSOS / Concellería de Mocidade   

XV Concurso Verbas para comunicar  

 

Inicio da actividade: 17-03-2023
Fin da actividade: 11-05-2023
Inscricións ata: Xoves, 11. Mayo 2023 (Ás 14:00 h)
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Público dirixido: Alumnado Centros Educativos
Prazas: Sin límites
Lugar da actividade: SIN LOCALIZACION

DESCRICIÓN

Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega.

O Concurso “VERBAS PARA COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode ser presentado en formato texto - redacción ou audiovisual. No cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar e compartir con outras persoas.

 OBXECTIVOS

Promover a comunicación da mocidade para que expresen o que senten, pensan ou queren dicir usando a lingua galega.

Normalizar e fomentar o uso da lingua galega fóra de contextos  formais e institucionais, dun xeito atractivo e lúdico.

Visibilizar o uso da lingua galega en contextos culturais, de lecer e tecnolóxicos para potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna e rachar estereotipos

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO ou Bacharelato e que estuden no IES Soutomaior ou no Colexio Santiago Apóstolo.

Categoría A: 1º, 2º e 3º ESO

Categoría B: 4º ESO, 1º e 2º BACH

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

  • Redacción: dun texto en lingua galega. Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, aínda que si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

  • Audiovisual: elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupo/clase. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Obrigatorio que teña mensaxe en galego escrita ou verbal ou ambas pero sempre en galego..

 

 

Modo de pago: Non reporta pago

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 755